sábado, 18 de novembro de 2017

Festa de Halloween & Samaín


Despois de moito recompilar, xa están as fotos da festa de halloween/samaín que celebramos o pasado 31 de outubro.


 

A tarde dou para moito, xa que organizamos un desfile para lucir diante de todos os compañeiros/as os disfraces máis terroríficos que atopamos. Houbo de todo: pantasmas, bruxas, lobos, vampiros... E cada un máis orixinal.
 






Tamén tivemos tempo para mover o esqueleto ata que estivemos esgotados, con cancións e bailes típicos desta data. Incluso a teacher Bárbara e o teacher  Zack se animaron a vir bailar e cantar con nós


 

Tampouco nos esquecemos de decorar todo o colexio coas cabazas que trouxeron os nenos/as das súas casas. Cada ano son máis elaboradas e máis espectaculares. Noraboa!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario