mércores, 25 de abril de 2018

Día do Libro


O pasado luns festexamos o Día do Libro. Nas aulas estivemos falando sobre a importancia dos libros como fonte de información e canle para descubrir cousas novas para despois visitar as tres bibliotecas coas que conta o colexio: a de D. Carlos e Dña. Lola, a de consulta e a de préstamos.

En cada unha delas ollamos a cantidade de libros que hai e os diferentes tipo: libros de contos, enciclopedias, cómics... Tamén repasamos e aprendemos as normas básicas para poder empregar estes espazos.

Para rematar os mestres/as narráronnos dous contos diferentes.

Excursión á Feira da Educación


O pasado venres 20 de abril, todo o alumnado da Educación Infantil, xunto con algúns compañeiros/as da ESO, fomos de excursión ata a Feira da Educación exposta no auditorio municipal.
 
Iamos moi emocionados xa que tiñamos moitas ganas de ver o ben que quedaron os nosos traballos na exposición, e a verdade que quedaron fermosos, polo que tanto alumnos/as como mestres nos sentimos moi orgullosos do proxecto levado a cabo. Estando alí tamén aproveitamos para ver os traballos do resto de colexios e academias.


 
Ao saír do auditorio, e xa que fixo un día estupendo, tivemos oportunidade de pasar un tempo de lecer cos compañeiros/as no parque de Pedra Pateira, onde gozamos de xogos, cancións, risas... e sobre todo de estar na compaña de amigos/as.

 

A excursión fixémola andando e moitos descubriron que xa son moi maiores e que están feitos uns campións/nas xa que baixamos e subimos sen queixarnos nadiña.

mércores, 18 de abril de 2018

Feira da Educación


Estimadas familias.

Recordarvos que non esquezades visitar o noso recuncho na Feira da Educación organizada polo Concello

Alí poderedes unha pequena parte das actividades realizadas polos nenos/as do colexio sobre a temática da reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

A Feira pódese visitar no auditorio municipal con entrada libre polas tardes entre os días 18 e 22 de abril.

Vémonos alí!

Xa chega o bo tempo


Aproveitando o bo tempo, que mellor que saír da aula e facer actividades ao aire libre.

Os nenos/as de 6º de EI decidimos ir ata a zona de aparcamento para acomodarnos sobre unha fermosa pedra que hai, para desde alí observar os cambios que se van producindo na natureza coa chegada da primavera e sobre todo do bo tempo.

Cada neno/a representou artísticamente no seu caderno a súa visión da natureza na primavera.

O cambio de escenario foi todo un éxito, xa que gozamos moito do aire libre mentres desenvolvemos a nosa creatividade.



O desenvolvemento psicomotor tamén é moi importante, polo que no colexio realizamos actividades que implican movemento  tanto dentro como fóra da aula.

O pasado martes fomos ata o ximnasio e o profe Juan Luís ofreceunos unha serie de actividades e xogos moi divertidos.



Pasámolo en grande!


Semana da diversidade


Durante a semana do 19 ao 23 de marzo, os nenos e nenas da educación infantil participamos en diferentes actividades relacionadas coa concienciación sobre a diversidade. Durante estes días falamos nas aulas sobre a importancia do respecto cara a diversidade.

Conmemoramos todo este traballo elaborando uns corazóns azuis e amarelos que representan as cores do Día Mundial de Síndrome de Down (21 de marzo) e o Día Internacional da concienciación do Autismo (2 de abril).

Ao mesmo tempo quixemos dar constancia da nosa implicación e respecto pola diversidade cun acto que consistiu nunha solta de globos no patio do colexio.

 
 
 
 

luns, 9 de abril de 2018

Día do pai


O día do pai xa hai uns cantos días que pasou, e como suponemos que a meirande maioría dos papás recibiron os seus presentes xa podemos desvelar o que elaborou cada neno/a para agasallar aos seus pais.


Polo que dixeron, os regalos foron todo un éxito, a parte de ser moi útiles, xa que cada neno plasmou nun debuxo ao seu pai para elaborar un chaveiro individualizado. A parte diso, non podía faltar unha postal moi singular na que por en práctica as aprendizaxes en lingua inglesa


Esperamos que vos gustasen os regalos!