domingo, 3 de febreiro de 2019

Despedida profe María


Con un pouco de pena, nesta pasada semana tivemos que despedir á profe María, que desde hai uns meses nos acompañou cada día nas aulas completando o seu período de prácticas.

 
Queremos agradecerlle a morea de cousas que nos ensinou, todas as tarefas que nos axudou a realizar, todo o cariño que nos regalou e todo iso sempre cun gran sorriso na cara.





 
Para que se acorde de nós mentres completa a súa formación, fixémoslle un caderno coas nosas dedicatorias.


 
Desexámoste o mellor, e esperamos que veñas a visitarnos pronto.

 
Moitas gracias por todo!!

Día da Paz


Como cada 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz. Nesta ocasión, seguindo coa temática escollida para vertebrar as actividades deste curso, decidiuse traballar a emigración. Os alumnos de primaria trouxeron das súas casas fotos de familiares que viviron a emigración.

 
Nós pola nosa parte, tamén participamos na súa compaña para cantar todos xuntos a canción de “Miña terra galega” e colaboramos tamén realizando un gran mural coa imaxe que representa este día como é a pomba branca.

 


Pasámolo xenial cantando e bailando cos nosos/as compañeiros/as.

O crocodilo Cirilo


A profe María, que elixiu o noso cole para facer as prácticas, quixo contarnos un conto usando o teatriño de sombras.
O conto trataba sobre a diversidade xa que o protagonista  é un crocodilo amarelo chamado Cirilo.
 
Gozamos moito coa representación do conto, xa que puidemos ver a todos os personaxes a través das sombras e luces do teatriño.
 

Logo traballamos a temática da diversidade tendo como referente a diferente cor de pel que tiña o crocodilo. 

Moitas gracias á profe María pola actividade!!