sábado, 18 de novembro de 2017

Cultivamos Grelos e ceboletas


Os traballos nas Hortiñas do Bayón xa comezaron.

Nestas últimas semanas fóronse preparando tanto a Hortiña solete como a Hortiña sombriña; por quendas  o alumnado de cursos superiores foron limpando e removendo a terra para sementar produtos de outono-inverno.

Aos nenos/as de 5º e 6º de educación infantil tocounos cultivar semente de grelos na Hortiña sombriña. Alí puidemos ver como é a semente e como se procede a cultivala.

 






 
 
Aos máis pequenos tocoulles cultivar ceboletas ou tamén coñecido como cebollino na horta solete.
 

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario