luns, 29 de xaneiro de 2018

Xa se achega o entroido

Xa comezamos a prepararnos para a chegada do entroido.

Levamos unhas semanas confeccionando os disfraces para o desfile que temos programado, pero non queremos perder a oportunidade de pintarnos, polo que a pasada semana levamos a cabo un obradoiro de maquillaxe no que cada neno/a elixiu a decoración que máis lle gustou.

Pasámolo en grande e fómonos moi contentos co resultado.





 

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Día do xoguete


Este pasado venres tivemos no colexio un dos días que máis lles gusta aos pequenos/as¸ O DÍA DO XOGUETE.

Cada neno/a elixiu o xoguete que máis lle gustou dos que lle regalaron neste Nadal para traer ao colexio.
 Houbo xoguetes de todos os tipos, tamaños e cores, pero cos que pasamos un día moi divertido compartindo xogos con todos os nosos compañeiros/as.





 













 

xoves, 4 de xaneiro de 2018

Festival de Nadal


Xa están aquí! Fixemos unha recompilación de fotos e vídeos tanto do festival para as familias coma do festival de fin de trimestre.

Esperamos que vos guste e que pasedes unhas FELICES FESTAS!