luns, 28 de maio de 2018

Romaxe 2018


Un ano máis, como é tradición no colexio o pasado 16 de maio celebramos no colexio a Romaría da Romaxe para festexar o Día das Letras Galegas, dedicado neste 2018 á escritora Victoria Moreno.

Coma todos os anos, os pequenos de Educación Infantil fomos acompañados dos nosos/as compañeiros/as de primaria ata o Parque de San Roque. 



Alí, na compaña dos nosos familiares comezamos coas actuacións ás 11:00 da mañá. Os de 4º e 5º de Infantil cantaron e bailaron a canción de “Cocorico”,  os de 6º de Infantil xunto cos frautistas de 5º de Primaria cantaron e bailaron “A saia da Carolina”. Houbo moitas más actuacións de todos os alumnos/as da Primaria para rematar todos/as cantando “Arroz con chícharos”.






As actuacións foron moi entretidas e gozamos moito vendo a todos/as bailar, cantar e tocar.

Ao rematar o festival a romaría continuou cunha comida campestre para rematar a xornada despois do xantar con xogos variados na natureza.





Foi unha xornada excepcional!! Moitas gracias ás familias por acompañarnos!!


luns, 21 de maio de 2018

Día da nai


A estas alturas xa podemos desvelar o agasallo que cada neno/a elaborou para as súas nais no seu día.

Este ano decidimos continuar coa temática que abarca todas as actividades do colexio, que é a reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Por ese motivo, nun dos obradoiros de pasta de papel, cada un dos nenos/as elaborou un peixe que posteriormente pintamos e decoramos. 
Para facerlle un fondo mariño a cada peixe decantámonos por unha técnica moi espectacular como é o papel mármore.





A maiores tamén quixemos felicitar ás nais no seu día a través dunha postal na que demostramos que xa sabemos moito inglés gracias aos teachers.

Desexamos que vos gustasen os agasallos tanto como nós gozamos facéndoos.

HAPPY MOTHER´S DAY!!

martes, 15 de maio de 2018

Estreamos encerados


Os de catro e cinco anos estamos super contentos porque xa estreamos a nova ferramenta que temos para aprender máis e máis nas aulas: os novos encerados dixitais.

Son moi cómodos de empregar e moi motivadores para os nenos e nenas.

Deixámosvos unhas fotos coas primeiras experiencias.