sábado, 28 de outubro de 2017

Xa se achega o Samaín-Halloween


Xa nos estamos preparando para a celebración da festa máis tenebrosa do ano: o SAMAÍN – HALLOWEEN.

Cada neno/a elaborou unha careta con motivos tenebrosos para dar moito medo nestes días. Cada neno/a elixiu a que máis lle gustou e decorouna ao seu gusto quedando moi, moi bonitas.



xoves, 26 de outubro de 2017

Apañando castañas


Xa se achega o magosto, e para a celebración o día 31 de outubro fan falla castañas. Hoxe os máis pequenos achegámonos ata o castañeiro que hai no patio do colexio para coñecer a de primeira man árbore que dá as castañas e a particular forma na que nacen.
Tivemos que ter moito coidado xa que o “abrigo” no que nacen as castañas pincha, pero con moita prudencia e maña puidemos apañar un bo puñado.
 




 
 
 
 
 
 
 
 

 

Movendo o esqueleto


As longas xornadas de traballo no colexio Bayón dan para moito. O mércores tivemos unha nova sesión de psicomotricidade na que decidimos xuntarnos para mover un pouco o esqueleto con algún paso de baile que nin o propio Fred Astaire.

Como podedes ver nos vídeos pasámolo en grande!

 
 
 
 

domingo, 22 de outubro de 2017

Non todo é estar sentados/as


Para atender a todos os ámbitos do desenvolvemento persoal do noso alumnado tamén ofrecemos toda clase de actividades que impliquen movemento.

Nesta ocasión podemos ver o ben que o pasaron os nenos/as de 3 anos saltando dentro dos aros de cores para recorrer dunha maneira diferente toda a aula.

Toda unha nova experiencia! J
 
 

Seguimos coñecendo o colexio


Os pequenos seguen a coñecer novos recunchos do colexio. Agora aventuráronse a ir ata a planta superior, subindo sen axuda toooodas as escaleiras dos maiores para mergullarse no mundo dos contos na biblioteca.

Pasárono en grande xa que alí hai moreas de libros para poder ver.
 
 

Xa se achega o samaín-halloween


Nuns días festexaremos no colexio a festa do Samaín-Halloween, polo que xa estamos a prepararnos.

Nesta ocasión decidimos xuntarnos todos os pequenos para colorear debuxos tenebrosos e cantar cancións de medo, nesta ocasión en inglés para practicar o idioma e todo o aprendido cos teachers.

Pasámolo en grande!



 

domingo, 15 de outubro de 2017

Coñecemos a aula de Audición e Linguaxe


Os máis pequenos non fan máis que coñecer recunchos do colexio. Nesta ocasión os nenos/as de 3 anos visitaron a aula de Audición e Linguaxe, onde puideron explorar todo o material e xogos que alí hai así como probar algún exercicio que lles propuxo a mestra especialista.

Unha experiencia moi divertida!!



 

A chegada do outono


O pasado 22 de setembro demos a benvida á nova estación do ano: o Outono. Para festexar a chegada  desta inusual estación que estamos vivindo máis coñecida como “veroño”, os pequenos do colexio decoraron unha singular gorra para protexerse do sol nestes días.

Cada neno/a decorou dita prenda ao seu gusto. Quedaron moi satisfeitos co resultado, gozaron moito durante o proceso e foron moi orgullosos/as levándoas postas para as súas casas.
 



domingo, 8 de outubro de 2017


Anunciar que temos unha novidade que tivo moi boa acollida polos nenos/as, a parte do novo mural que decora as paredes do patio, agora os pequenos tamén poden explotar as súas dotes expresivas a través dunhas fermosas pizarras para pintar con xices. Todo un éxito.






Descubrindo o colexio


Antes de que os maiores da ESO comezaran as clases os “súper heroes”  de 5 anos fómonos de viaxe polas dependencias do colexio. Visitamos a sala de profesores e conserxería, o patio dos maiores, subimos ao primeiro andar para entrar na aula de informática, o laboratorio, aula de música, biblioteca, comedor, etc. E incluso fomos alumn@s da ESO por uns intres. A viaxe foi moi emocionante e así coñecemos todos os recunchos do noso cole.





Xogos psicomotricidade


Aproveitando que os primeiros días a xornada é moi longa decidimos organizar unha excursión ata o pavillón deportivo do colexio e realizar uns xogos de psicomotricidade con balóns, globos e xogos variados. Pasámolo en grande!








 

Os nos@s compañeir@s

De novo darvos a benvida a todos/as a este novo curso 2017-2018. Os primeiros días foron moi divertidos xa que coñecemos as novas aulas e volvemos atoparnos cos nosos/as compañeiros/as.


luns, 2 de outubro de 2017

Benvidos!

Neste curso xa comezado, dende a educación infantil decidimos poñer a funcionar este pequeno blog para compartir con todas as familias e toda a comunidade as experiencias, actividades, vivencias, aprendizaxes, etc etc etc que se producen na educación infantil no noso colexio.
Esperamos que todo sexa do voso agrado e que gocedes vendo e comentando, tanto como nos facendo e compartindo.
Vémonos nas próximas publicacións! ☺😗