domingo, 20 de xaneiro de 2019

Día do xoguete


Comezamos o segundo trimestre cun dos días que máis nos gusta: O día do xoguete.




Neste día podemos traer un xoguete da casa que nos trouxeran de agasallo neste pasado Nadal.

Cada un trouxo o que máis lle gustou para poder gozar xogando cos seus compañeiros. Houbo de todo, pero calquera xoguete vale para pasar un bo rato en boa compañía.

Visita Papá Noel


Como broche final deste primeiro trimestre, antes de despedirnos dos nosos/as compañeiros ata a volta do Nadal, un amigo moi especial quixo vir visitarnos ao colexio.

Papá Noel estivo con nós parte da mañá do 21 de decembro. Quixo vir visitarnos para coñecer de primeira man o que os nenos/as do Bayón queren de agasallo por estas festas.

Estivemos moi a gusto na súa compaña, e a cambio de portarnos moi ben deunos uns caramelos.



Festival de Nadal


O pasado 20 de decembro celebramos o esperado festival de Nadal de infantil. Durante todo o mes de decembro estivemos practicando uns bailes moi divertidos para representar diante das nosas familias.

Foi un festival protagonizado enteiramente polos nenos/as de infantil, xa que eles se encargaron de cantar, bailar e incluso de presentar.
Os nenos/as de 3 anos bailaron “Árbol de Navidad” e “The star song”.

 
 
Os de 4 anos “Rocking around the Christmas tree” e “Christmas presents”.


 E os de 5 anos “Christmas twist” e “The Santa Claus rock”.

 

A parte dos bailes, tamén preparamos uns pequenos vídeos para desexarlle a todos Feliz Nadal.

O resultado foi todo un éxito e gozamos moito actuando, esperamos que a todas as familias lles gustase tanto como a nos.

O Nadal no Bayón


Durante todo o mes de decembro tivemos unha morea de actividades para festexar a chegada do Nadal.


Estivemos a preparar o escenario para o esperado festival de Nadal que tanto nos gusta. Decorámolo cunhas grandes árbores  e un Papá Noel ben ledo para recibir ás nosas familias. Tivemos que repartir o traballo entre todos e empregar varias sesións, xa que tivemos que facer uns carteis ben grandes.

Ao mesmo tempo tamén estivemos animando as aulas con decoracións de Nadal. O mais esperado foron as árbores, que a falta de unha tivemos catro; unha en cada aula e outra no corredor.


Para a decoración da árbore do corredor a profe María ocorréuselle unha idea xenial: aproveitar paus de xeado e depresores para crear renos, árbores de nadal, papás noel, elfos... a verdade e que quedaron fermosísimos.

A parte de todo iso, tamén participamos nun concurso de postais. Cada neno/a creou a súa propia postal cos materiais que máis lle gustaron. A gañadora irá impresa como felicitación de Nadal do colexio.


luns, 14 de xaneiro de 2019

Storytelling Christmas


O pasado 19 de decembro tivemos  a visita duns integrantes do centro británico co que mantemos estreita relación. 

Nesta ocasión viñeron a contarnos unha historia no idioma que tanto practicamos no colexio: en inglés.


O storytelling foi moi variado, xa que escoitamos historias de Santa Claus e Rúdolf, cantamos, bailamos, repasamos vocabulario...

Ademais fomos moi contentos porque fixemos unha careta de Rúdolf para levar para a casa.