xoves, 22 de febreiro de 2018

Plantamos patacas


Nos días pasados os maiores comezaron a preparar o terreo da horta para que estivese listo para sementar, e hoxe o colexio encheuse de labregos/as.
 
 
Por quendas fomos saíndo para plantar; cada neno/a puido meter na terra un anaco de pataca. Xa vimos nas aulas que dese anaco vai brotar unha nova planta que vai dar unha morea de patacas. Tamén aproveitamos para plantar coles.
 

Para rematar a xornada elaboramos un pequeno collage para recordar as fases de crecemento das plantas das patacas.
 
En resumo a xornada dou para moito e foi moi entretida, xa que as actividades na horta do colexio sempre nos fan aprender mentres o pasamos en grande rodeados de natureza.

Non quermos esquecernos de darlle mil gracias aos pais/nais que nos viñeron axudarnos e acompañarnos neste días: MOITAS GRACIAS!

Aprendemos coas tablets


Este pasado mércores, os nenos/as de 6º de Infantil tivemos unha xornada moi especial.

Fomos ata Primaria onde nos esperaban os nosos compañeiros/as de 2º que se converteron en mestres/as por un día. Eles amosáronnos como se empregan as tablets do colexio xa que  a estas alturas están feitos uns especialistas.

Deixáronnos facer xa algunhas actividades de maiores e saíronnos moi ben.
 
Gustounos moito a experiencia xa que puidemos aprender e aplicar coñecementos dunha forma moi entretida.
 

 


domingo, 18 de febreiro de 2018

Festival de Entroido


O venres celebramos no colexio o festival de entroido xunto cos compañeiros/as de E. Primaria. Nós os máis pequenos trouxemos da casa o disfrace que máis nos gustou, mentres que os de primaria luciron os disfraces de contos populares que realizaron nas aulas.



 Na aula de usos múltiples escoitamos con gran atención as murgas que cada curso preparou para cantar no festival. Cada unha delas foi máis orixinal polo que o pasamos en grande e botamos unha morea de risas.
 
Para rematar a xornada deleitámonos cun dos doces máis típicos destas datas: Rosquillas. Que estaban DELICIOSAS!!


 
 

Obradoiro de maquillaxe


Que mellor escusa que a chegada do entroido para xogar un pouco co maquillaxe. O pasado xoves 8 levamos a cabo un pequeno obradoiro no que cada neno/a elixiu o maquillaxe que máis lle gustou.
 
Saíron moi contentos co resultado e disfrutaron moito coa actividade.


 

Adianto fotos desfile


Nesta pequena publicación deixámosvos un adianto de como foi o desfile de entroido que fixemos o pasado 8 de febreiro. Non deixedes de visitar o noso blog porque en vindeiros días haberá máis fotos e vídeos.

Esperamos que vos guste!!
 





 
SEGUE LENDO NA PRENSA
 
 
 

luns, 5 de febreiro de 2018

Somos Peliños, Patocas e Poqués

Aprobeitamos as xornadas previas ao Entroido para caracterizarnos de personaxes que nos gustan. Non podíamos deixar escapar a oportunidade de disfrazarnos das nosas mascotas de aula.
As aulas de Infantil enchéronse de Peliños, Patocas e Poqués.
Pasámolo en grande!




sábado, 3 de febreiro de 2018

Día da paz


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o Día da Paz. Foi unha xornada chea de actividades.

Pola mañá cantamos no patio de Primaria unha canción en inglés chulísima: “One red heart”. Todos/as levábamos un corazón vermello que fixemos nas clases. Para rematar tiramos ao aire unha morea de globos de cores. Que divertido!

 
 
Pola tarde disfrutamos coa narración dun conto en linguaxe de sinais ofrecida pola Asociación AMBAR. Foi moi entretido seguir o conto a través das sinais. Moitísimas grazas por vir!!
 

https://www.facebook.com/asociacion.ambar/posts/739690122904329