xoves, 12 de xullo de 2018

Recollendo patacas


As actividades relacionadas coas hortiñas xa están a rematar. 

Neste caso as patacas que plantaramos xa están listas para recoller, polo que organizamos quendas para ir ata a hortiña e coa axuda dun pequeno motocultor estivemos buscando os tubérculos no medio da terra.



Aprendemos que o que se come da planta das patacas é o tubérculo, e que nace debaixo da terra, polo que hai que mover a terra e buscalas.



A produción que recollemos repartímola entre o alumnado de infantil que levaron unha pequena mostra para as súas casas.

Mercado de ensaladas


O proxecto das hortiñas segue a funcionar. Nesta ocasión aproveitamos que a produción dalgunhas hortalizas xa está lista para colleitar, polo que decidimos preparar unhas ensaladas e organizar un pequeno mercado para ofrecelas ás familias aportando a vontade.



Fomos os nenos/as de infantil os que nos xuntamos para elaborar as ensaladas, participando en todo o proceso: Lavamos os vexetais, cortamos en anacos os diferentes produtos e envasamos o resultado.

O proceso de elaboración foi moi educativo xa que manipulamos todos os produtos necesarios e practicamos a cortalos e trocealos.



Finalmente durante o envasado puidemos ver a mestura de vexetais e hortalizas.



O mercado foi un éxito xa que moitas familias acudiron ao posto e os nenos/as convertéronse en verdadeiros comerciantes.




Excursión a Rianxo


Os nenos/as de 3 anos tamén tiveron a súa excursión. Por proximidade decidiuse ir ata Rianxo onde puideron gozar cunha visita espectacular á Biblioteca Municipal.



A excursión dou para moito: ao chegar á vila de Castelao fixemos unha pequena andaina polas rúas da vila ata chegar á Biblioteca. Alí a encargada da Biblioteca tíñanos preparadas unhas actividades moi divertidas e adaptadas ás nosas idades, todas elas relacionadas co mundo dos libros.



Á saída tivemos un pequeno tempo de lecer nun parque infantil onde gozamos coa compañía e xogos cos compañeiros/as.



Para rematar a excursión comemos na compaña de compañeiros/as e mestres/as e incluso nos deu tempo de visitar un supermercado e facer unha pequena compra.



A excursión foi un éxito, os pequenos/as aproveitaron o día ao máximo e viñeron moi contentos da xornada.

Festival de fin de curso


O pasado 6 de xuño celebramos o tradicional festival de fin de curso do cole. O festival como ben sabedes realizouse no auditorio municipal, onde actuaron os nenos/as de todo o colexio. Durante todo o curso nas clases extraescolares fóronse practicando as diferentes actuacións, e a verdade e que saíron de marabilla.

Os alumnos de Educación Infantil tiveron actuación dobre, un baile e unha canción en inglés:

-          Os pequenos de 3 anos bailaron a canción Marionetas e cantaron a canción Hello song.


-          Os nenos/as de 4 anos bailaron a canción Tell him e cantaron a canción How are you today.


-          Os maiores de 5 anos bailaron a canción Do you love me? e cantaron a canción Little shark.

Como fixemos outros anos, despois das actuación tivemos tempo para gozar un ratiño xogando cos compañeiro/as nun parque infantil mentres as nosas familias remataban de ver o festival.


 As actuacións saíron xenial e foron moi divertidas, tanto para nenos/as como para os nosos familiares.

Dar as gracias ás familias pola vosa asistencia.

Actuación do coro escolar


O peques de infantil fomos uns privilexiados, xa que os nosos/as compañeiros/as do grupo de coro do colexio quixéronnos deleitar con algunhas das cancións que prepararon ao longo do curso. Esta pequena interpretación serviu tamén de ensaio antes do festival de fin de curso que se celebrou o 6 de xuño no auditorio.
 
 
Foi unha experiencia moi agradable, pequenos e maiores gozamos coa música e quedamos moi sorprendidos coa boa interpretación dos integrantes do grupo de coro. Noraboa!