domingo, 20 de xaneiro de 2019

O Nadal no Bayón


Durante todo o mes de decembro tivemos unha morea de actividades para festexar a chegada do Nadal.


Estivemos a preparar o escenario para o esperado festival de Nadal que tanto nos gusta. Decorámolo cunhas grandes árbores  e un Papá Noel ben ledo para recibir ás nosas familias. Tivemos que repartir o traballo entre todos e empregar varias sesións, xa que tivemos que facer uns carteis ben grandes.

Ao mesmo tempo tamén estivemos animando as aulas con decoracións de Nadal. O mais esperado foron as árbores, que a falta de unha tivemos catro; unha en cada aula e outra no corredor.


Para a decoración da árbore do corredor a profe María ocorréuselle unha idea xenial: aproveitar paus de xeado e depresores para crear renos, árbores de nadal, papás noel, elfos... a verdade e que quedaron fermosísimos.

A parte de todo iso, tamén participamos nun concurso de postais. Cada neno/a creou a súa propia postal cos materiais que máis lle gustaron. A gañadora irá impresa como felicitación de Nadal do colexio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario