xoves, 12 de xullo de 2018

Excursión a Rianxo


Os nenos/as de 3 anos tamén tiveron a súa excursión. Por proximidade decidiuse ir ata Rianxo onde puideron gozar cunha visita espectacular á Biblioteca Municipal.



A excursión dou para moito: ao chegar á vila de Castelao fixemos unha pequena andaina polas rúas da vila ata chegar á Biblioteca. Alí a encargada da Biblioteca tíñanos preparadas unhas actividades moi divertidas e adaptadas ás nosas idades, todas elas relacionadas co mundo dos libros.



Á saída tivemos un pequeno tempo de lecer nun parque infantil onde gozamos coa compañía e xogos cos compañeiros/as.



Para rematar a excursión comemos na compaña de compañeiros/as e mestres/as e incluso nos deu tempo de visitar un supermercado e facer unha pequena compra.



A excursión foi un éxito, os pequenos/as aproveitaron o día ao máximo e viñeron moi contentos da xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario