martes, 12 de xuño de 2018

Excursión ao Grove


O pasado 24 de maio os nenos e nenas de 5º e 6º fomos de excursión ao Grove.



Foi unha excursión moi completa; pola mañá visitamos  o acuario onde puidemos ver unha morea de animais mariños, tanto propios da nosa zona coma doutros mares e océanos.

 
Tamén fixemos unha actividade de concienciación de coidado do medio ambiente, xa que hoxe en día desgraciadamente podemos ver moito lixo contaminando os nosos litorais.

 

Ao medio día gozamos dunha comida na compaña dos nosos compañeiros/as nunha zona verde próxima ao acuario.


 
Pola tarde tivemos tempo de xogar nun parque infantil onde o pasamos en grande compartindo xogos cos compañeiros.

 

 
A excursión foi todo un éxito, xa que viñemos encantados da viaxe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario