luns, 20 de novembro de 2017

As árbores do Bayón


Seguimos con experiencias que teñen una temática que nos apasiona: a natureza. Este pasado venres os nenos e nenas de educación infantil participamos nunha actividade colectiva na que formaron parte todo o alumnado do colexio.
A nosa intención é repoboar os nosos espazos naturais con especies de árbores autóctonas para devolverlles esa fermosura que caracteriza os bosques galegos.
Cada neno/a trouxo das súas casas un anaco de botella que servirá como maceta ata que a semente xerme.
Colectivamente e, no caso dos pequenos, coa axuda dos seus compañeiros maiores, todo o alumnado do colexio cultivou unha semente  para conseguir máis de 350 semilleiros de castiñeiro e carballo.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario