Quixemos festexar
a chegada da nova estación: O OUTONO.
Por iso, a través
dunha manualidade elaboramos a imaxe máis representativa do outono; a caída das
follas das árbores caducas.
Durante os días
previos falamos sobre as cores típicas do outono, o marron, amarelo, laranxa...
para que cada neno/a escollese o que máis lle gustase para pintar a súa folla
con témperas.
Despois de
recortalas, elaboramos unha coroa con elas. Quedaron fabulosas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario