Coa chegada do outono propuxémonos facer a primeira excursión do curso. Non
fomos moi lonxe pero foi toda unha experiencia.
Saímos das aula e camiñamos ata a parte baixa do patio dos maiores onde o
cole ten unhas árbores que producen o froito estrela da festa do magosto que
pronto chegará: A CASTAÑA.
Os días antes estivemos falando nas aulas da árbore que da castañas, así
como do seu froito, xa que ten unha envoltura moi particular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario