Un aspecto moi
importante para gozar dunha boa saúde e ter unha boa capacidade pulmonar. A
xestión do sopro inflúe en moito aspectos do desenvolvemento, pero un dos máis
importantes ten que ver coa fala e a articulación das palabras.
Para exercitar os
nosos pulmóns e aprender a xestionar o sopro organizamos un obradoiro moi
divertido.
Leváronse a cabo
diferentes actividades como: recorrer un circuíto cun coche de xoguete, facer
pompas de xabón, soprar bolas de papel...
O obradoiro foi
moi divertido para os pequenos/as, mentres que sen darse conta estaban
contribuíndo ao seu desenvolvemento.