As actividades
relacionadas coas hortiñas xa están a rematar.
Neste caso as patacas que
plantaramos xa están listas para recoller, polo que organizamos quendas para ir
ata a hortiña e coa axuda dun pequeno motocultor estivemos buscando os
tubérculos no medio da terra.
Aprendemos que o
que se come da planta das patacas é o tubérculo, e que nace debaixo da terra,
polo que hai que mover a terra e buscalas.
A produción que
recollemos repartímola entre o alumnado de infantil que levaron unha pequena
mostra para as súas casas.