Os nenos/as de 3 anos tamén tiveron a súa
excursión. Por proximidade decidiuse ir ata Rianxo onde puideron gozar cunha
visita espectacular á Biblioteca Municipal.
A excursión dou para moito: ao chegar á vila
de Castelao fixemos unha pequena andaina polas rúas da vila ata chegar á
Biblioteca. Alí a encargada da Biblioteca tíñanos preparadas unhas actividades
moi divertidas e adaptadas ás nosas idades, todas elas relacionadas co mundo
dos libros.
Á saída tivemos un pequeno tempo de lecer nun
parque infantil onde gozamos coa compañía e xogos cos compañeiros/as.
Para rematar a excursión comemos na compaña de
compañeiros/as e mestres/as e incluso nos deu tempo de visitar un supermercado e
facer unha pequena compra.
A excursión foi un éxito, os pequenos/as
aproveitaron o día ao máximo e viñeron moi contentos da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario