O peques de
infantil fomos uns privilexiados, xa que os nosos/as compañeiros/as do grupo de
coro do colexio quixéronnos deleitar con algunhas das cancións que prepararon
ao longo do curso. Esta pequena interpretación serviu tamén de ensaio antes do
festival de fin de curso que se celebrou o 6 de xuño no auditorio.
Foi unha experiencia
moi agradable, pequenos e maiores gozamos coa música e quedamos moi
sorprendidos coa boa interpretación dos integrantes do grupo de coro. Noraboa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario