O pasado luns
festexamos o Día do Libro. Nas aulas estivemos falando sobre a importancia dos
libros como fonte de información e canle para descubrir cousas novas para
despois visitar as tres bibliotecas coas que conta o colexio: a de D. Carlos e
Dña. Lola, a de consulta e a de préstamos.
En cada unha
delas ollamos a cantidade de libros que hai e os diferentes tipo: libros de
contos, enciclopedias, cómics... Tamén repasamos e aprendemos as normas básicas
para poder empregar estes espazos.
Para rematar os
mestres/as narráronnos dous contos diferentes.