O pasado venres
20 de abril, todo o alumnado da Educación Infantil, xunto con algúns
compañeiros/as da ESO, fomos de excursión ata a Feira da Educación exposta no
auditorio municipal.
Iamos moi
emocionados xa que tiñamos moitas ganas de ver o ben que quedaron os nosos
traballos na exposición, e a verdade que quedaron fermosos, polo que tanto
alumnos/as como mestres nos sentimos moi orgullosos do proxecto levado a cabo.
Estando alí tamén aproveitamos para ver os traballos do resto de colexios e
academias.
A excursión
fixémola andando e moitos descubriron que xa son moi maiores e que están feitos
uns campións/nas xa que baixamos e subimos sen queixarnos nadiña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario