Durante a semana
do 19 ao 23 de marzo, os nenos e nenas da educación infantil participamos en
diferentes actividades relacionadas coa concienciación sobre a diversidade.
Durante estes días falamos nas aulas sobre a importancia do respecto cara a
diversidade.
Conmemoramos todo
este traballo elaborando uns corazóns azuis e amarelos que representan as cores
do Día Mundial de Síndrome de Down (21 de marzo) e o Día Internacional da
concienciación do Autismo (2 de abril).
Ao mesmo tempo
quixemos dar constancia da nosa implicación e respecto pola diversidade cun
acto que consistiu nunha solta de globos no patio do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario