Nos días pasados os
maiores comezaron a preparar o terreo da horta para que estivese listo para
sementar, e hoxe o colexio encheuse de labregos/as.
Por quendas fomos
saíndo para plantar; cada neno/a puido meter na terra un anaco de pataca. Xa
vimos nas aulas que dese anaco vai brotar unha nova planta que vai dar unha
morea de patacas. Tamén aproveitamos para plantar coles.
Para rematar a
xornada elaboramos un pequeno collage para recordar as fases de crecemento das
plantas das patacas.
En resumo a
xornada dou para moito e foi moi entretida, xa que as actividades na horta do
colexio sempre nos fan aprender mentres o pasamos en grande rodeados de natureza.
Non quermos esquecernos de darlle mil gracias aos pais/nais que nos viñeron axudarnos e
acompañarnos neste días: MOITAS GRACIAS!