O venres celebramos
no colexio o festival de entroido xunto cos compañeiros/as de E. Primaria. Nós
os máis pequenos trouxemos da casa o disfrace que máis nos gustou, mentres que
os de primaria luciron os disfraces de contos populares que realizaron nas
aulas.
Na aula de usos múltiples escoitamos con gran
atención as murgas que cada curso preparou para cantar no festival. Cada unha
delas foi máis orixinal polo que o pasamos en grande e botamos unha morea de
risas.
Para rematar a
xornada deleitámonos cun dos doces máis típicos destas datas: Rosquillas. Que
estaban DELICIOSAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario