Os nenos e nenas
de Educación Infantil celebramos o Día da Paz. Foi unha xornada chea de
actividades.
Pola mañá
cantamos no patio de Primaria unha canción en inglés chulísima: “One red heart”. Todos/as levábamos un
corazón vermello que fixemos nas clases. Para rematar tiramos ao aire unha
morea de globos de cores. Que divertido!
Pola tarde
disfrutamos coa narración dun conto en linguaxe de sinais ofrecida pola
Asociación AMBAR. Foi moi entretido seguir o conto a través das sinais.
Moitísimas grazas por vir!!
https://www.facebook.com/asociacion.ambar/posts/739690122904329
Ningún comentario:
Publicar un comentario