Como cada 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz. Nesta ocasión, seguindo
coa temática escollida para vertebrar as actividades deste curso, decidiuse
traballar a emigración. Os alumnos de primaria trouxeron das súas casas fotos
de familiares que viviron a emigración.
Nós pola nosa parte, tamén participamos na súa compaña para cantar todos
xuntos a canción de “Miña terra galega”
e colaboramos tamén realizando un gran mural coa imaxe que representa este día
como é a pomba branca.
Pasámolo xenial cantando e bailando cos nosos/as compañeiros/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario