Un ano máis, como é tradición no colexio o pasado 16 de maio celebramos no
colexio a Romaría da Romaxe para festexar o Día das Letras Galegas, dedicado
neste 2018 á escritora Victoria Moreno.
Coma todos os anos, os pequenos de Educación Infantil fomos acompañados dos
nosos/as compañeiros/as de primaria ata o Parque de San Roque.
Alí, na compaña
dos nosos familiares comezamos coas actuacións ás 11:00 da mañá. Os de 4º e 5º
de Infantil cantaron e bailaron a canción de “Cocorico”, os de 6º de
Infantil xunto cos frautistas de 5º de Primaria cantaron e bailaron “A saia da Carolina”. Houbo moitas más
actuacións de todos os alumnos/as da Primaria para rematar todos/as cantando “Arroz con chícharos”.
As actuacións foron moi entretidas e gozamos moito vendo a todos/as bailar,
cantar e tocar.
Ao rematar o festival a romaría continuou cunha comida campestre para
rematar a xornada despois do xantar con xogos variados na natureza.
Foi unha xornada excepcional!! Moitas gracias ás familias por acompañarnos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario