No colexio
seguimos coa filosofía de coidado do medio ambiente. Por ese motivo
levamos xa varias xornadas dedicadas á reciclaxe de papel.
Aprendemos que o
papel reciclado está feito de anacos de papel e mesturado con auga para formar
unha pasta. Esa pasta é a que despois se filtra para facer novo papel.
Nós neste caso
empregámola para facer diferentes manualidades: Pintamos unhas figuras de arame
ás que lle imos poñer diferentes partes feitas desta pasta.
Co resto da masa elaboramos un pequenos peixe que, cando este seco, decoraremos nas aulas.
Foron unhas xornadas moi divertidas. Pasámolo en grande rompendo anacos de papel e metendo as mans na pasta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario