No colexio
seguimos coa filosofía de coidado do medio ambiente. Por ese motivo
levamos xa varias xornadas dedicadas á reciclaxe de papel.
Aprendemos que o
papel reciclado está feito de anacos de papel e mesturado con auga para formar
unha pasta. Esa pasta é a que despois se filtra para facer novo papel.
Nós neste caso
empregámola para facer diferentes manualidades: Pintamos unhas figuras de arame
ás que lle imos poñer diferentes partes feitas desta pasta.
Co resto da masa
elaboramos un pequenos peixe que, cando este seco, decoraremos nas aulas.
Foron unhas
xornadas moi divertidas. Pasámolo en grande rompendo anacos de papel e metendo
as mans na pasta.