Despois de moito recompilar,
xa están as fotos da festa de halloween/samaín que celebramos o pasado 31 de
outubro.
A tarde dou para
moito, xa que organizamos un desfile para lucir diante de todos os
compañeiros/as os disfraces máis terroríficos que atopamos. Houbo de todo:
pantasmas, bruxas, lobos, vampiros... E cada un máis orixinal.
Tamén tivemos
tempo para mover o esqueleto ata que estivemos esgotados, con cancións e bailes
típicos desta data. Incluso a teacher Bárbara e o teacher Zack se animaron a vir bailar e cantar con
nós
Tampouco nos
esquecemos de decorar todo o colexio coas cabazas que trouxeron os nenos/as das
súas casas. Cada ano son máis elaboradas e máis espectaculares. Noraboa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario