Seguimos con experiencias que teñen una temática que nos apasiona: a natureza. Este pasado venres os nenos e nenas de educación infantil
participamos nunha actividade colectiva na que formaron parte todo o alumnado
do colexio.
A nosa intención
é repoboar os nosos espazos naturais con especies de árbores autóctonas para
devolverlles esa fermosura que caracteriza os bosques galegos.
Cada neno/a
trouxo das súas casas un anaco de botella que servirá como maceta ata que a
semente xerme.
Colectivamente e,
no caso dos pequenos, coa axuda dos seus compañeiros maiores, todo o alumnado
do colexio cultivou unha semente para
conseguir máis de 350 semilleiros de castiñeiro e carballo.
Unha actividade
estupenda para concienciar da importancia de coidar a natureza e ao mesmo tempo
de relacionarnos co resto dos compañeiros/as do colexio.
SEGUE LENDO NA PRENSA
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2017/11/18/alumnado-colegio-bayon-planto-semillas-futuro-bosqueel-alcalde-rianxo-reclama-arreglos-ambulatorio-taragonatrabajos-mantenimiento-autovia/0003_201711B18C4994.htm
https://loqueyotedigo.net/2017/11/18/ribeira-el-colegio-bayon-planta-la-semilla-para-su-futura-fraga/