Xa se achega o magosto, e para a celebración o día 31 de outubro fan falla
castañas. Hoxe os máis pequenos achegámonos ata o castañeiro que hai no patio
do colexio para coñecer a de primeira man árbore que dá as castañas e a
particular forma na que nacen.
Tivemos que ter moito coidado xa que o “abrigo” no que nacen as castañas
pincha, pero con moita prudencia e maña puidemos apañar un bo puñado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario