O pasado 22 de
setembro demos a benvida á nova estación do ano: o Outono. Para festexar a
chegada desta inusual estación que
estamos vivindo máis coñecida como “veroño”,
os pequenos do colexio decoraron unha singular gorra para protexerse do sol
nestes días.
Cada neno/a
decorou dita prenda ao seu gusto. Quedaron moi satisfeitos co resultado,
gozaron moito durante o proceso e foron moi orgullosos/as levándoas postas para
as súas casas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario