O pasado 24 de
maio os nenos e nenas de 5º e 6º fomos de excursión ao Grove.
Foi unha
excursión moi completa; pola mañá visitamos o acuario onde puidemos ver unha morea de
animais mariños, tanto propios da nosa zona coma doutros mares e océanos.
Tamén fixemos
unha actividade de concienciación de coidado do medio ambiente, xa que hoxe en
día desgraciadamente podemos ver moito lixo contaminando os nosos litorais.
Ao medio día
gozamos dunha comida na compaña dos nosos compañeiros/as nunha zona verde
próxima ao acuario.
Pola tarde tivemos
tempo de xogar nun parque infantil onde o pasamos en grande compartindo xogos
cos compañeiros.
A excursión foi
todo un éxito, xa que viñemos encantados da viaxe!